Canta xente quere saber???

jueves, 25 de noviembre de 2010


A violencia contra as mulleres e as nenas constitúe a violación de dereitos humanos máis estendida baixo diversas formas e en diferentes lugares. Son diversas as violencias, desde as expresións verbais e psicolóxicas, pasando polo acoso laboral, o abuso sexual por parte de parentes, violacións por descoñecidos, as mutilacións sexuais, esterilizacións forzadas, "crimes de honor" e asasinato de mulleres e nenas polo feito de selo.
Un amplo espectro de posibilidades ateigan o universo da violencia contra a muller, aínda que adoptamos a pensar tan só en golpes e mortes porque é o que oímos a cotío na televisión ou na radio. Non esquezades que hai violencia en moitos fogares que están ao noso derredor, desa violencia que vai minando mentes e non corpos. E non deixemos de pensar nesoutros mundos que semellan tan afastados e non o están: guerras, violacións, burkas... Moitos tipos de violencia contra un sexo que tradicionalmente tense denominado como "feble" e que tan só pide xustiza e igualdade.



Sacámolo daquí:
http://trafegandoronseis.blogspot.com/2010/11/25-novembro-non-violencia-contra-as.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario