Canta xente quere saber???

NOVAS

A FOLGA XERAL POR CONXO FM

Conxo FM non descansa nin cando se convoca unha Folga Xeral, non podemos deixar de informar os nosos ointes, os piquetes non chamaron a nosa porta, seguimos traballando no próximo programa, cargado de moitas novas do barrio.
Pero grazas a folga non tivemos clases nin deberes, libramos das longas charlas dos profesores, co cal tivemos máis tempo para adicarlle a Conxo FM.
O equipo de Conxo FM saíu as rúas e puido comprobar que non había case nada de tráfico pola maña, os autobuses circulaban en servizos minimos, non houbo tren...polo xeral a xente secundou a folga, foi un día diferente, no que se loitou polos dereitos dos traballadores.